El PSOE de Cervo denuncia la grosería del alcalde al apropiarse de la iniciativa de los trabajadores de la fábrica de Sargadelos para poner el nombre de Isaac Díaz Pardo al colegio de Cervo. La portavoz socialista en el Ayuntamiento, Lara Méndez, recomienda a Alfonso Villares que secunde las propuestas vecinales y ponga el Ayuntamiento a su disposición, pero que no usurpe iniciativas ajenas.
Os membros do Grupo Municipal Socialista de Cervo denuncian a desfachatez do alcalde, Alfonso Villares, ó anunciar públicamente na prensa a súa suposta proposta para renomear os centros educativos do municipio. “Chegamos a tal grado de grosería que o señor Villares non dubida á hora de apropiarse de iniciativas alleas”. Dende o GMS aclaran que “a proposta de nomear ó CEIP de Cervo como CEIP Isaac Díaz Pardo parte do Comité de Empresa de Sargadelos que, en acordo previo coa dirección do propio centro educativo, pretenden rendir homenaxe a quen fora no seu día o seu mentor e á persoa que tanto loitou polos nosos veciños e veciñas”.
O Comité de Empresa de Sargadelos enviaba a semana pasada un comunicado a tódolos grupos políticos do Concello no que se nos presentaba a intención de homenaxear ó finado Isaac Díaz Pardo con esta idea e deixarnos as portas abertas para apoialos noutras posibles iniciativas que fosen nesta mesma dirección. “Parece incrible, días despois, ler na prensa titulares de que o grupo de goberno de Cervo deu a coñecer a súa proposta para nomear aos centros educativos do municipio ou que o Concello proporá o nome de CEIP Díaz Pardo para o centro de Cervo”.
Os socialistas consideran esta actuación “unha falta de respeto moi grave por parte do alcalde hacia as persoas que en realidade pensaron na iniciativa. É unha pena que Villares teña que apropiarse de propostas alleas por non ter iniciativas propias. Se non é así, non se entende esta maneira vergoñenta, pois non ten outro nome, de actuar por parte do rexedor”.
E por se fose pouco, non só fai súa a idea de dar novos nomes ós colexios senon tamén defende como propios argumentos que xa consideraron antes outros. “Non é o señor Villares quen considera importante esta idea para evitar confusións entre os nomes dos centros. O rexistro do Concello recolle un escrito do CEIP de Cervo no que, dirixíndose á Consellería de Educación, dá conta das continuas confusións que provocan os nomes, tan parecidos, dos dous colexios do concello, vendo necesarias novas denominacións para evitar estes problemas e dotalos da súa propia identidade. Qué mellor forma de solucionar este asunto que homenaxeando a persoas ilustres que fixeron tanto polos nosos veciños e veciñas”.
Os socialistas amosan o seu apoio á iniciativa do Comité de Empresa de Sargadelos e do propio CEIP de Cervo para dar o nome de Isaac Díaz Pardo ó colexio e esperan que “esta maneira de actuar do señor Villares non se volva a repetir, pois é moi triste que se apropie de iniciativas de outras persoas ou colectivos. Que se poña a traballar polos veciños e que non sexan os veciños os que traballen por el”.